Vivenda Pública

O Concello do Incio conta cun edificio municipal de vivendas destinadas a alugueiro social, priorizando o acceso ás mesmas de familias con nenos/as ou a persoas en situación de vulnerabilidade.

Trátase dun edificio municipal recentemente reformado, no que entre 2025 e 2027 se investiron máis de 700.000 €, na súa maioría procedentes do Instituto Galego de Vivenda e Solo, co fin de poñer en valor este edificio e dotalo de máis vivendas (pasando de 6 a 12) co obxecto de contribuir ao asentamento de poboación e a facilitar o acceso á vivenda a diferentes colectivos con dificultades.

Existen dous perfís diferenciados de vivendas, 6 delas de maior dimensión destinadas principalmente a familias con nenos/as, e outras 6 vivendas dun tamaño e distribución reducidos (unha habitación), completamente accesibles e pensadas para unha ou dúas persoas como máximo.

Periódicamente, o Concello do Incio publica e actualiza nas súas redes sociais e na sede electrónica os requisitos e as bases que rexen estos alugueiros, segundo existe dispoñibilidade por ir rematando os diferentes contratos asinados. É requisito indispensable estar anotado no rexistro autonómico de demandantes de vivenda, e pódese obter máis información ao respecto nas oficinas municipais.