Personaxes e Irmanamentos

Fillos Ilustres e Adoptivos destacados

A famosa cantante, nada no Incio, levou o nome do seu municipio natal a proxección internacional ao representar a España no Festival de Eurovisión O Concello volcouse coa artista e co gaiteiro Rubén González nunha homenaxe conxunta para premiar a traxectoria de ambos como os seus veciños máis senlleiros.

Destacado gaiteiro, artesán e recoñecido fabricante de palletas. Foi nomeado Fillo Adoptivo do Incio en gratitude polo seu inmenso labor de preservación e difusión da música tradicional galega. Faleceu no ano 2018.

Manuela López Besteiro foi nomeada Filla Adoptiva do Concello do Incio o 31 de marzo de 2003. O nomeamento celebrouse na casa consistorial do Incio nun acto institucional que contou coa presenza do entón presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga. Concedéuselle esta distinción en recoñecemento á súa traxectoria política e ao seu traballo como Conselleira de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia, sendo durante anos a única persoa en ostentar tal título honorífico nese concello

O sacerdote, coñecido polo seu labor á fronte da Fundación San Rosendo, foi nomeado oficialmente Fillo Predilecto do Incio nun acto institucional, e concedéuselle a medalla de ouro do municipio do Incio.

Irmanamento con Andújar

O Concello do Incio e o Concello de Andújar asinaron o seu irmanamento en 1994. A orixe deste débeseá devoción compartida a San Eufrasio, un dos sete homes apostólicos. En 1596, o rei Felipe II intercedeu para que o mosteiro de Samos cedese unha parte das reliquias de San Eufrasio á cidade de Andújar. No templo da parroquia de Santa María do Mao existe unha inscrición que lembra o vínculo histórico con Andújar. Recentemente estase a impulsar un roteiro turístico e relixioso que conecta Andújar co Val do Mao no Incio e a tumba do santo. Así mesmo, acondicionouse o camiño eufrasiano entre Samos e o Santuario de Santo Eufrasio.