Feiras e Festas

Son numerosas a festividades e eventos que se celebran polas parroquias do Concello do Incio, ao igual que na maioría de pobos da contorna. Destacan as festas parroquiais, procesións, magostos, xuntanzas veciñais… En particular, na Cruz do Incio destacan festividades como a feira de cada 22 de mes, o desfile de entroido, os cantos de taberna ou a chegada dos reis magos á Cruz do Incio cada ano.

A maiores das anteriores, pola súa relevancia e afluencia, podemos nomear as seguintes celebracións:

Feira de artesanía e de produtos da terra.

Esta feira organizada polo Concello celébrase cada 22 de agosto na Cruz do Incio, coincidindo coa feira mensual, e conta con diferentes postos de artesanía, de produtos de alimentación local, obradoiros, demostracións de oficios tradicionais, xogos infantís e diferentes actuacións musicais ao longo de todo o día.

Ese evento organizado dende 2025 polo Concello do Incio na parroquia de Eirexalba, celébrase a mediados de marzo, co obxectivo de poñer en valor un produto da terra como é o porco celta autóctono, ao situarse nesta parroquia a maior explotación de porco celta de Galicia inscrita en Asoporcel.

A festa dos avós e da familia, organizada polo Concello, ten lugar cada mes de maio no polideportivo da Cruz do Incio. Vai pola súa XXXIII edición, e reúne a máis de 500 persoas de diferentes xeracións, nunha xornada festiva con comida, sorteo de agasallos e actuacións musicais.

Celebración que se realiza o último fin de semana de agosto na parroquia da Cervela, coñecida pola súas famosas danzas, un ritual de tradición posiblemente pagá, onde os/as danzantes visten coloridas roupas e portan arcos decorados con tiras de cores para a ocasión. Trátase dunha particular danza transmitida de xeración en xeración.

O Festival Terra Brava, organizado pola Asociación de mesmo nome en colaboración co Concello, celébrase cada mes de Agosto da Cruz do Incio. Trátase dun evento moi consolidado na axenda festivaleira de Galicia, que reúne a diferentes grupos do panorama musical, principalmente galego, en torno a xéneros musicais como o folk e o rock. A xornada festiva conta con xantar popular, animación musical durante todo o día, postos de artesanía, xogos infantís, zona de acampada e concertos pola noite.

O Festival Tremeterra, organizado pola Asociación de mesmo nome en colaboración co Concello, celébrase a finais de Agosto ou principios de Setembro en Eirexalba, no entorno do encoro de Vilasouto. Trátase dun evento que vai pola súa V edición, e reúne nunha paisaxe espectacular a diferentes artistas internacionais e amantes da cultura “sound system”, centrado fundamentalmente en disciplinas como o reggae, dub, bass ou afrobeat. Celébrase durante dúas xornadas e conta con obradoiros, debates abertos, postos de artesanía e alimentación, e música en directo.