O Concello de O Incio, cunha superficie de 146,2 Km2, atópase situado no sur da provincia de Lugo, nunha zona de transición entre a Depresión de Monforte e a Serra do Courel. Neste mapa aparece a localización do municipio dentro da Comunidade Autónoma Galega.
O municipio pertence á comarca lucense de Sarria, situada no sur da provincia de Lugo. A comarca sarriana está formada polos concellos de: Sarria (capital comarcal), O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos e Triacastela.
