Servizos Sociais

A oficina de Servizos Sociais, situada na planta baixa do Concello, centra a súa labor na atención e apoio ás familias e aos usuarios/as con diferentes necesidades. Destaca, entre outros, a prestación dos seguintes apoios:

  • Información e asesoramento ás familias e usuarios/as.
  • Servizo de axuda no fogar (SAF)
  • Programas de benestar social.
  • Teleasistencia.
  • Servizo de xantar na casa.
  • Tarxetas de discapacidade.
  • Tramitacións de dependencia.
  • Atención temperá (SAT) mancomunado na Agrupación de Concellos de Sarria, Láncara, Triacastela, O Páramo, Paradela, Samos e O Incio.
  • Centro de drogodependencia mancomundado na Agrupación de Concellos de Sarria, Láncara, Triacastela, O Páramo, Paradela, Samos e O Incio.

 

Horario de atención ao público: Luns a Venres de 09:00 a 14:00 horas.