Secretaría e Administración Xeral

Nas oficinas municipais, sitas en Praza de España n.º 1 da Cruz do Incio, pode realizarse a xestión presencial de todos os trámites oficiais de competencia municipal: padrón de habitantes, urbanismo, contratación, emprego público, subvencións, medio ambiente, servizos básicos, información ao cidadán, recadación, etc. Ademais, o Concello é oficina de asistencia en materia de rexistro, punto dende onde se poden rexistrar documentos dirixidos a todas as administracións públicas. Así mesmo, o Concello conta con sede electrónica operativa as 24 horas do días dende onde se poden realizar os trámite de forma electrónica.

Horario de atención ao público: Luns a Venres de 09:00 a 14:00 horas.