Punto de Información Catastral (PIC)

O Concello do Incio, en convenio coa Administración Xeral do Estado, conta cun PIC situado na propia Casa Consistorial. Ofrece a posibilidade de realizar as seguintes xestións co Catastro:

  • Información catastral básica.
  • Rexistro de documentación.
  • Descarga de notificacións.
  • Consultar e certificar datos catastrais protexidos e non protexidos dos teus inmobles.
  • Obter a certificación da referencia catastral.
  • Solicitar cartografía e consulta descritiva e gráfica de parcelas.
  • Consultar o valor de referencia dos bens inmobles.
  • Consulta de cartografía do catastro histórico.
  • Consulta do estado de expedientes.

 

Horario de atención ao público: Luns a Venres de 09:00 a 14:00 horas.