Outros servizos municipais

  • Punto de recarga público para vehículos eléctricos e híbridos enchufables: situado nas inmediaccións da Casa do Concello con dúas prazas.
  • Punto de servizo para autocarvanas: situado nas inmediacións da Casa do Concello, conta cunha praza dispoñible con auga potable, servizo para augas grises e para augas negras. Así mesmo, a escasa distancia (nas proximidades do campo de fútbol), existe unha área para estacionamento e pernocta das mesmas, con capacidade para 6 vehículos.
  • Recollida de enseres voluminosos e plásticos agrícolas: realízase cada trimestre polos domicilios. Pode obterse máis información das datas de recollida ou para realizar depósitos puntuais, chamando ás oficinas municipais.