Oficina colaboradora do Rexistro Civil / Xulgado de Paz

En colaboración co Ministerio de Xustiza e coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, este Concello conta na Casa Consistorial con Oficina Colaboradora do Rexistro Civil. O rexistro civil é único e entre as súas funcións e competencias están a inscrición dos feitos concernentes a nacementos, estados civís, filiación, nomes e apelidos e cambios sobre estes, capacidade das persoas, falecementos, nacionalidades, ou patrias potestades. As oficinas colaboradoras dependen actualmente das oficinas xerais, sendo o seu encargado o Letrado/a da Administración de Xustiza da Oficina Xeral (Sarria).

Horario de atención ao público: Luns a Venres de 09:00 a 11:00 horas. (Recoméndase pedir cita previa).