Cultura e deporte
O Concello do Incio conta cun programa cultural e deportivo estable durante todo o ano, ademais de organizar diferentes actos ou eventos puntuais en diferentes puntos do concello, ou colaborar co tecido asociativo na organización dos mesmos. Son actividades financiadas parcialmente ben polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade e a Xunta de Galicia, ben polo Plan Deputación de Cooperación cos Concellos. Destacan os seguintes servizos:
- Escola municipal de música e baile tradicional: O Concello do Incio, ofrece clases e actividades centradas na cultura e o folclore galegos, tales como percusión, gaita, acordeón e baile tradicional. Así mesmo organízanse talleres, actuacións ou eventos relacionados de forma puntual.
- Actividades deportivas: O Concello tamén programa de forma estable durante o ano diferentes actividades como ioga, pilates, ximnasia de mantemento, zumba ou strong. Esta programación está repartida entre os lugares da Cruz do Incio, Vila de Mouros e Val do Mao.
Pode matricularse ou obterse máis información sobre estes servizos nas oficinas municipais.