O Concello do Incio promove un campo de voluntariado para poñer en valor o patrimonio natural e cultural das parroquias de Trascastro, A Ferrería e Hospital

O Concello do Incio promove este verán o campo de voluntariado ‘Territorio Sonoro’, unha iniciativa de carácter artístico e cultural que se desenvolverá entre os días 12 e 23 de xullo nas parroquias de Trascastro, A Ferrería e Hospital co obxectivo de recuperar, conservar e difundir o patrimonio natural, histórico e humano do municipio. O […]