O Concello do Incio levou a cabo diversas actividades durante o curso escolar 2024-25 dentro do Programa de conciliación do Concello do Incio, para o que contou con 30.380,23 € de financiamento procedente da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdade dentro do “Plan Corresponsables”
As actuacións consistiron en diversos servizos de coidados profesionais en dependencias públicas que facilitaron a conciliación familiar e laboral de unhas 30 familias e uns 50 nenos e nenas con atención antes e despois da xornada lectiva, así como durante as matinais do Nadal e dos meses de verán. Deste xeito, estivo en funcionamento durante […]